Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica que a Alameda permaneza pechada á espera de ser cuberta con xabre

RR_Noticias

Denuncian que a Alameda leva pechada semanas malia que xa está recepcionada polos servizos técnicos do Concello. Para os socialistas todo se debe a unha falta de xestión do goberno local a quen acusan ademais de estar demorando a apertura deste espazo co obxecto de buscar a “fotografía de campaña”  na recta final da campaña electoral das municipais.

A Alameda de Redondela leva pechada todo o verán por mor das obras aínda que durante estas últimas semanas non se está a realizar ningún traballo neste espazo. Ante este feito os socialistas solicitaron información sobre o estado da obra contestándolles dende o concello “que a obra de colocación dos bordos de pedra estaba recepcionada, é dicir, a obra realizada por unha empresa privada está rematada segundo o proxecto e xustificada polos servizos técnicos”. Malia todo aínda se está a espera de que se recubra o chan con xabre. “Parece que a este paso o goberno do PP pensa abrir a Alameda ou a xa coñecida “obra do Escorial” cando comecen as choivas ou a recta final para a campaña electoral das municipais” continúan os socialistas “os populares buscan a fotografía de campaña pagada por todos”.
Segundo os socialistas “resulta bastante lamentable que durante todo o verán os veciños non puideran gozar deste espazo de ocio, ao igual que o Goberno Municipal do PP de Redondela non mantivese durante sete anos a Alameda e deixara que se deteriorara ou permitise a instalación dunha pista de xeo no Nadal de 2016 que empeorou máis se cabe o xabre do centro da Alameda”.
Ademais disto, os socialistas fan mención a unha subvención de 16.000€ para a Alameda que perdeu o goberno local “debido á falta de xestión”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará