Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos e roteiro urbano no 50 aniversario das bibliotecas municipais

RR_Noticias

A biblioteca de Chapela celebra hoxe un contacontos orientado a público adulto a cargo de Táfima Fernández co espectáculo de narración oral “Os contos da nai da miña nai”. Unha actividade aberta a todo o que queira achegar ás 19:00 horas. Mañá venres día 21 co gallo do 50 aniversario das bibliotecas os nenos de 6 a 12 anos poderán gozar dun percorrido guiado por Soledad Chayán polo casco urbano.

As bibliotecas municipais ofrecen a posibilidade de coñecer os seus 50 anos de historia a través dunha visita guiada polos edificios que acolleron á Biblioteca P.M. Valle-Inclán desde o ano 1968 ata os nosos días. O percorrido, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, estará conducido pola experta guía turística Soledad Chayán e terá unha duración aproximada dunha hora.  Os asistentes, ademais das localizacións indicadas, poderán coñecer e admirar algúns dos lugares históricos e culturais do municipio, no día no que, no ano 1968, se inaugurou a Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela. A actividade é gratuíta pero necesita inscrición previa na Biblioteca Municipal de Redondela (986 40 15 61) pois as prazas son limitadas. O día anterior a biblioteca de Chapela será quen acolla un acto salientable, un espectáculo de narración oral para adultos a cargo da contadora Fátima Fernández e os seus “contos da nai da miña nai”.  

Mª Elena Becerra
Un contacontos para adultos
A ruta do 50 aniversario
Unha proposta para nenos e nenas de 6 a 12 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará