Hoxe é Luns 26 de Outubro de 2020

Concello e Xunta reclaman a Fomento que invista os 11 millóns comprometidos en Chapela

RR_Noticias

O vicepresidente Alfonso Rueda e o alcalde Javier Bas instaron onte ao Ministerio de Fomento a “cumprir cos compromisos” adquiridos cos veciños de Chapela tras a obra de ampliación da AP-9, así como a suprimir a peaxe en Rande. Foi nunha visita que o vicepresidente galego fixo onte a Redondela.

O vicepresidente Rueda lembrou que tras as obras, que supuxeron un grave prexuízo para os veciños da parroquia, as administracións comprometéronse a unha serie de melloras en Chapela. A Xunta tramitou xa o traslado do CEIP Igrexa, e as obras do novo colexio na coñecida como “finca da Ginaria” xa comezaron. Entende o vicepresidente galego que agora “tócalle a Fomento facer o investimento comprometido”. Neste sentido, o alcalde redondelán sinalou que o anterior ministro de Fomento comprometera a instalación das pantallas acústicas para reducir os ruídos, a reposición de servizose e outras melloras na parroquia, cun investimento de 11 millóns de euros “que só está pendente de que pase por Consello de Ministros”. Bas lamentou “a falta de sensibilidade de Fomento, porque os principais prexudicados son os veciños”. O rexedor tamén advertiu que, malia a promesa de eliminar a peaxe no tramo entre Redondela e Vigo, a supresión aínda non se fixo efectiva. Rueda aseverou pola súa banda que o goberno galego insta o Ministerio a convocar canto antes a comisión de seguimento da AP-9, co fin de abordar esas actuacións e “para falar tamén da posibilidade de transferencia”, que se vai levar ao Congreso.

Alfonso Rueda vicepresidente
Entende o vicepresidente galego que Fomento debe facer o investimento comprometido.
Javier Bas alcalde
Bas lamenta a falta de sensibilidade de Fomento que prexudica aos veciños.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *