Critican a xestión da Deputación nunhas obras que se levaron a cabo sen realizar unha limpeza previa da vía e empregando unha capa de asfaltado de “apenas un centímetro co que o deterioro da mesma será inminente”. Critican ademais que non se instalara ningunha banda redutora da velocidade en todo o tramo “nin tan sequera no entorno do colexio de Reboreda”.
A Agrupación de electores enumera as deficiencia detectadas nunha actuación contratada dende a Deputación de Pontevedra. Explican que as obras de asfaltado leváronse a cabo sen realizar unha limpeza previa da vía e sen eliminar as herbas que se atopan na beirarrúa. Engaden que o asfaltado non afectou a toda a vía e que a capa resultante é dun centímetro “nalgunhas zonas non cubre todo o asfaltado antigo, co que o deterioro será inminente.
Critican tamén que non se estableceran medidas de redución da velocidade “nin tan sequera se instalaron lombos no entorno do colexio de Reboreda”.
Dende a Agrupación de Electores demandan á Deputación que investigue se as obras se desenvolveron cun mínimos de calidade e que se proceda “ao arranxo desta desfeita”.