Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco golea ao Vilalbés

RR_Noticias

Os de “Gonza” gañaron en Santa Mariña, un triunfo co que suman tres puntos e que supón unha inxección de moral para un equipo moi renovado. No fútbol triunfos tamén do Arcade, Atl. Vilar e Chapela. No balonmán a SAR Rodavigo estreou temporada na División de Honra Prata Feminina cunha goleada sobre o Palencia Turismo.

Terceira División

Choco 5-2 Vilalbés
Se había algunha dúbida sobre a pegada do Choco, esta fin de semanda quedou despexada. O equipo redondelán sumou a súa primeira vitoria desde o inicio de tempada, logo de dúas derrotas e un empate ante o Arenteiro. Fíxoo cunha goleada ante o Racing Villalbés, que se presentaba en Santa Mariña sen coñecer a derrota ao acumular dous empates e un triunfo neste comezo de campaña. Un triunfo importante no que ademais os de “Gonza” se repuxeron do primeiro gol dos lucenses, que comezaron adiantándose en Santa Mariña. Malia que o Choco comenzou dominando, unha acción a balón parado serviulle ao Vilalbés para adiantarse no marcador. O tanto recibido sentou moi mal aos locais, que empezaron a porse nerviosos. Con todo, un penalti cometido sobre Comis que el mesmo se encargou de transformar achegou a tranquilidade necesaria ao cuarto de hora para evitar males maiores.Ademais, o oportunismo de Félix apenas dous minutos despois para cazar o rexeite de Pita a un disparo de Palmás aclaraba un pouco máis o panorama para o Choco. De feito, un bo tiro cruzado de Cora aumentaba a renda e parecía deixar o encontro encarrilado ao intermedio. Pero o Villalbés tentou apurar as súas opcións ao comezo da segunda metade. Unha falta lateral rematada de novo por Santi (3-2, min.51) abría esa posibilidade e volvía provocar que a incerteza aparecese na bancada de Santa Mariña. Pero os pupilos de Gonzalo Fernández evitaron males maiores cun tanto tamén a balón parado ao rematar Chisco unha falta servida por Cora (4-2, min.65). O gol permitiu aos redondelanos vivir unha plácida recta final de encontro, redondeando incluso o resultado co tempo xa regulamentario cumprido grazas a unha parede entre Félix e Palmás que o segundo se encargou en converter no definitivo 5-2. O resultado deixa ao Choco no ecuador da táboa. O próximo domingo visitarán o campo do Ribadumia, equipo situado na metade alta da táboa.
Primeira Galicia

Arcade 6-2 Dena
Primeira vitoria para os de Juan Amoedo, e por goleada, malia comezar por detrás no marcador. Tras o gol inicial do Dena, o partido foi un recital dos locais, marcando os goles Eloy, en dúas ocasións, Antolín, Buján, Hugo e Fernando. Alfonso Rial fixo ambos tantos visitantes. O Arcade asina, así, a súa primeira vitoria nesta nova categoría á que ascendeu a tempada pasada. Sitúase na metade alta da táboa, e a próxima xornada visita o Monte da Mina para medirse ao Castrelos, o equipo revelación da temporda. Un recén ascendido, como o Arcade, e que se atopa 2º na táboa.
Primeira Feminina Galicia

Victoria CF “B” 2-1 Arcadia
Derrota das mozas de Arcade en terras coruñesas, o que as deixa na 6ª posición da táboa. O próximo encontro será en Arcade ante o Deportivo Abanca “B”, no que milita a redondelá Anita González, e que son líderes do grupo.
Segunda Galicia

Atlético Villar 4-0 R.Vilariño
Os de Mon Sanromán estreáronse na casa con vitoria por goleada, e xan son 8º. O próximo domingo visitan o campo do Louro, cos anfitrións situados na parte baixa da táboa.
Romay 1-0 Cesantes
O Cesantes perdeu pola mínima na visita ao campo do Romay e segue na parte biaxda da táboa. Na próxima xornada reciben na casa ao San Adirán, un dos equipos que comezou forte a liga, empatado co líder na táboa.
Terceira Galicia

Chapela 2-1 Peñasco
O Chapela sumou os 3 puntos no seu primeiro partido como local. Agora son décimos, e o domingo visitan o campo do pechacancelas, o Moledo.
Futbol Sala

Terceira División

Vilalba 8-1 Campito
Dura derrota do Campito en terras lucenses, que os deixa na parte baixa da clasificación. Na próxima xornada xogan en Chapela ante o Carballiño FS.
Pazos de Borbén-Polideportivo Casás- aprazado. Próximo encontro, Estrada Futsal-Pazos.
Preferente Sur

Sporting Manzaneda 3-2 Redondela Maramar
Os redondeláns comezaron a liga con derrota en Manzaneda nunpartido moi igualado. Na próxima xornada estréanse en Redondela ante o Abetos Gondomar
BALONMÁN División de Honra Prata Feminina

Palencia Turismo 14-29 SAR Rodavigo
Partido sen complicacións para as de Elisardo Covelo “Chini”, que se impuxeron na estrea de liga en terras castelás sen problemas ao Palencia Turismo. Ao descanso xa gañaban de oito, o que reflicte a superioridade das redondelás. Na segunda parte o dominio foi aínda superior.
Oviedo 30-13 Cíes Chapela
Dura derrota do Cíes Obra Civil Chapela na primeira xornada. O Oviedo Bm. Feminino foi moi superior e aos dez minutos xa marcaba unha distancia de 6 goles. Na segunda parte o xogo das chapeleiras mellorou pero non foi suficiente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará