Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre a violencia de xénero no Multiúsos da Xunqueira

RR_Noticias

A Asociación Mulleres en igualdade de Vigo celebra esta tarde ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira unha conferencia sobre a violencia contra as mulleres. Baixo o título “violencia de xénero, unha realidade oculta” o obxectivo é abordar esta temática que segue a ser un dos problemas de convivencia máis invisibilizados na nosa sociedade malia contar con máis recursos e medios.

Na charla falarase sobre aspectos clave sobre os motivos que dificultan que esta problemática sega a ser silenciada “facendo só visible as vítimas en moitos casos culpabilizándoas”. Por este motivo e en colaboración co concello anímase a todas as persoas que sintan interese polo tema a achegarse a esta actividade e participar lembrando que a violencia de xénero existe ao noso arredor e que é labor de toda a sociedade actuar para erradicala, sendo o primeiro paso recoñecela e aceptar a súa existencia.
A entrada é de balde ata completar o aforamento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará