Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Outonoteatro coa obra Tras Tannhäuser da Compañía Feira do Leste

RR_Noticias

Nova programación teatral organizada dende a Concellería de Cultura que achegará ao Multiúsos da Xunqueira sete propostas teatrais a cargo de formacións tan recoñecidas como Ibuprofeno Teatro, Kepler ou Talía teatro entre outras. A Compañía Feira do Leste será a encargada de inaugurar o ciclo este sábado ás 20:00 horas co obra Tras Tannhäuser. As entradas están xa a venda no propio Mulitúsos a un prezo de 7 euros entrada xeral, 5 euros entrada reducida (xubilados, desempregados e estudantes).

Tannhäuser foi un poeta alemán. É unha ópera de Wagner e será sempre a porta espacial que se describía na fermosa escena final de Blade Runner. Agora Tannhäuse convértese nun salón barroco onde tres mulleres comparten mesa e mantel. Unha cea de amigas aparentemente común que deriva nunha tempestade de tolería que pon patas arriba os seus apracibles mundos. Teatro contemporáneo da man da compañía galega Feira do leste obra do dramaturgo Ernesto Is, o director teatral César No e as actrices Nerea Brey, Sonsoles Cordón e Dunia Diz. A seguinte proposta será o sábado 22 coa Asociación Lírica Galega quen non ofrecerá unha “Tarde de Zarzuela” e pechará o mes a compañía Matrioska coa obra “Señora que pasea con dous cans preciosos”. Xa no mes de outubro as actuacións arrancarán o sábado 14 con Culturactiva e a obra “Saaabor!!”. Continuará o día 27 Ibuprofeno coa proposta escénica Raclette. “Rosalía, unha vida” de Kepler teatro e Sopa de Sapo de Talía teatro serán as encargadas de pechar o ciclo no mes de novembro.  

César No director da compañía
Unha obra feita por unha compañía xoven
Unha proposta diferente
para todos os públicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará