Despois de máis dunha década o equipo de Arcade regresa á primeira categoría autonómica, unha liga esixente na que destacan equipos como o Pontevedra B ou o Sporting Guardés. O presidente ten claro que a permanencia será difícil, pero confía no equipo e o corpo técnico para acadar o obxectivo.
García lembra que poucos apostaban polo equipo a pasada temporada, e sen embargo foron quen de facer unha gran campaña e conseguir o ascenso. Por iso é optimista cos resultados do equipo, que mantén ao corpo técnico e a boa aprte dos xogadores que conseguiron o salto de categoría. Na pasada xornada o equipo que adestra Juan Amoedo conseguía sumar o seu primeiro punto no difícil campo da Chanciña, cun empate ante o Campolameiro. Na próxima xornada, que será ante o Unión Dena, o Arcade tentará colleitar o seu primeiro triunfo da temporada. Será o domingo, ás 17.15 horas no campo do Salgueirón. No club confían en que o público os apoie “como ata o de agora” nos partidos que disputan na casa. O traballo da canteira, con moitos xogadores formados nas categorías inferiores do club, permítelles configurar un equipo senior con moitos futbolistas “da casa”, e dar continuidade á filosofía do C.D. Arcade. Para García o deporte base é “fundamental” e as categorías inferiores son unha aposta clara do club. Arcadia feminino O equipo feminino, o Arcadia E.F., estreouse con vitoria na Primeira Galega ao golear ao Deportivo Orzán por 0-4. O domingo xogarán no campo do Victoria CF “B” en terras coruñesas, que aínda non sumou logo de perder na primeira xornada no campo do Umia.
García é optimista de cara a esta tempada ainda que recoñece que terán que sufrir para manterse na categoría
O presidente do club recoñece que os equipos base son fundamentais para o club e unha aposta da entidade