Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén despide ao seu último practicante, Antonio Reguera

RR_Noticias

Acompañado por familiares, amigos e compañeiros de traballo de varios centros, o último practicante de Pazos de Borbén despediuse esta semana despois de máis de 23 anos traballando no centro de saúde de Pazos. O alcalde, Andrés Iglesias, destacou o seu labor estes anos como “un exemplo de traballo, de esforzo e de sacrificio ao servizo dos veciños”. Durante o acto de despedida fíxoselle entrega dun recordo en nome do Concello.

Antonio Reguera desenvolveu a súa carreira principalmente no centro de saúde de Pazos de Borbén, onde exerceu de practicante, unha denominación hoxe en extinción, durante máis de 23 anos, ao que se suman outros once en Cerdedo, Moaña e Soutomaior. “Anos nos que traballabas 24 horas ao día, os 7 días da semana durante 11 meses ao ano. Non había urxencias nin medios, pero había que facer o posible polos veciños” explicou Antonio.
Reguera agradeceu a despedida e salientou que “o máis importante é o gran recordo que me levo de todos os veciños”. Entre gran cantidade de aplausos, o que será sempre o último practicante do centro de saúde de Pazos, agradeceu a todos os veciños, o seu agarimo e a súa calidade humana. Aos meus compañeiros, grandes profesionais e mellores persoas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará