Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Búscanse viticultores en Redondela

RR_Noticias

O noso concello é o segundo da provincia en número de hectáreas cultivadas con viñedos. Un recurso escasamente explotado xa que a maior parte do produto destínase a autoconsumo. Co obxecto de poñer en valor todas esas plantacións dende a Asociación Galega de Viticultores animan aos produtores a achegarse a unha reunión que se celebra este xoves 6 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Explicaráselles alí que xestións deben facer para entrar a formar parte dos máis de 25.000 produtores englobados baixo a Indicación Xeográfica protexida (IXP) Ribeiras do Morrazo.

O novo selo de calidade Ribeiras do Morrazo funciona dende hai uns meses e permite aos produtores desta caste autóctona comercializar o viño baixo esta marca ou venderllo a aquelas adegas que queren crecer coa promoción deste produto. Estímase que a superficie produtora de uvas para a IXP Ribeiras del Morrazo roldaría as 1.500 hectáreas nos concellos de Poio, Marín, Pontevedra, Vilaboa, Moaña, Bueu, Cangas e Redondela, sendo o noso o segundo concello con máis superficie en parcelas de viñedo con 476 hectáreas cultivadas. Os requisitos pasan por rexistrar a parcela no Rexistro Vitícola Galego e confirmar que a caste autóctona cultivada está incluída dentro das autorizadas pola IXP. De feito, para a elaboración destes viños a variedade de uva máis representativa é a de albariño, pero tamén son admisibles godello, loureira ou treixadura entre outras. Para informar de todo isto e animar aos veciños a se rexistrar este xoves terá lugar unha charla informativa a cargo do Inxeñeiro Agrónomo, Xan Bautista, quen se encargará tamén de asesorar aos interesados todos os xoves en horario de 12:00 a 14:00 horas no Multiúsos. Insiste en que calquera titular de viñedo debería informarse independentemente do tamaño da parcela que teña porque ademais trátase dunha xestión completamente de balde.  

Xan Bautista Inxeñeiro agrónomo
Xuntar aos viticultores baixo a denominación Ribeiras do Morrazo
Requisitos da IXP
estar rexistrados e contar con uva de caste autóctona
Chamamentos a todos os que posuan vides
Non cómpre contar cunha gran superficie cultivada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará