Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Xulgado de Violencia carece de sala para as vítimas e atención psicolóxica

RR_Noticias

O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT denuncia que as instalacións do xulgado redondelán “quedaron pequenas” para atender toda a carga de traballo, e “carece dos medios necesarios para dar unha atención de calidade nun tema tan importante e delicado como é a violencia machista”.

En Redondela é o Xulgado número 2 o que se encarga destes casos, que non dispón dun espazo axeitado para as vítimas, que en ocasións se atopan nos corredores cos seus agresores. Segundo denuncian os traballadores “teñen que escoitar e apoiar psicoloxicamente ás mulleres, realizar xestións telefónicas ou labores de investigación sobre o paradoiro dunha vítima”. Desde a CUT tamén aseguran que as condicións nas que leva a cabo este traballo son “penosas”, crecendo de ventilación adecuada, as dimensións das salas e despachos “son ridiculas”. As dependencias tampouco contan coas salas necesarias “para un xulgado que leva unha temática tan especial”. As testemuñas tampouco teñen un lugar específico no que poder esperar, “polo que é habitual que se atopen con algunha das partes”. O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT denuncia esta situación, así como outras deficiencias importantes como a carencia de psicólogo e de protocolos de actuación específicos de violencia sobre a muller, o que obriga aos propios traballadores a dar apoio ás vítimas e, mesmo en ocasións, facerse cargo dos fillos das vítimas mentres declaran. Na mesma situación se atopa o xulgados de Violencia de Tui. Desde a súa creación, ao igual que xulgado de Redondela, “carece dos medios necesarios para dar unha atención de calidade nos casos de violencia sobre a muller”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará