Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acolle o II Trail do Berete, cunha andaina e percorrido “mini” para todos os públicos

RR_Noticias

O xoves, 30 de agosto, péchanse as inscricións para a segunda edición do Trail,Mini Trail e Andaina do Berete. Será o domingo, 2 de setembro. Logo do éxito do pasado ano, a organización agarda centos de participantes nas distintas modalidades para gozar da proba “coas mellores vistas da ría de Vigo”.

A Asociación Deportiva C.A.R organiza por segundo ano consecutivo esta cita deportiva, na que poden participar persoas de todas as idades, xa que ao trail, cunha distancia de 24 quilómetros, súmase tamén un “mini trail” de 10 quilómetros e unha andaina, tamén de 10 quilómetros, apta para numeroso público. Cun percorrido circular, a saída e a meta situaranse no pavillon municipal de Chapela. Atravesarán algúns dos mellores paraxes da ría de Vigo pasando por Chapela, San Vicente de Trasmañó, Cedeira e San Esteban de Negros. Poderán participar no Trail e no Mini Trail todos aqueles corredores que teñan cumprido os 18 anos de idade o día da proba. Na andaina non haberá límites de idade, podendo participar menores baixo a tutela dalgún adulto. A saída será as 09.00 para o trail, e ás 09.15 horas para a andaina e o mini trail. Durante o transcurso da competición haberá tamén actividades na explanada do pavillón de Chapela para os acompañantes a partires das 9.00 horas, e un gran avituallamento ao finalizar a xornada. A organizacion porá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillónde Deportes, onde tamén se realizará a entrega de premios ás 13.00 horas.
Deporte e solidariedade
Ao igual que o ano pasado, o club de atletismo volverá colaborar con Andaina, unha asociación que axuda a persoas con necesidades especiais. Un euro de cada inscripción irá destinado a este colectivo. O prezo da inscrición para o trail é de 8 euros, 6 para o mini trail e 5 euros no caso da andaina. O xoves é o último día para anotarse. Poden facelo na zapatería Susuela, en Redondela, e na páxina www.championchipnorte.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará