Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obras de mellora no firme da estrada entre Redondela e Ventosela

RR_Noticias

A Deputación, a través do departamento de Mobilidade, inicia a mellora do firme en varios tramos da estrada provincial EP-2900, entre Redondela e Ventosela. A actuación enmárcase no Plan de Conservación de Firmes e o ámbito de actuación abarca 7.460 metros cadrados.

Segundo explicou o deputado responsable de Mobilidade, Uxío Benítez, o obxecto desta actuación é mellorar a seguridade viaria na zona. Debido ao mal estado da calzada, con numerosas fochancas, será preciso proceder ao fresado da calzada nalgunhas zonas, para posteriormente repor a capa de rodaxe e aplicar capas de tratamento antiescorregadizo. Os traballos inclúen o repintado a sinalización horizontal (liñas, cebreados e símbolos).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará