Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido de Verán 2018 rexistrou a metade de intoxicacións etílicas que o ano anterior

RR_Noticias

Bas fai un balance “moi positivo” da campaña “Redondela 0,0”. A afluencia ao Entroido, celebrado o pasado sábado, non se reduciu con respecto a outros anos, pero si as incidencias derivadas do consumo de alcol e drogas. As intervencións totais no hospital de campaña reducíronse nun 25% con respecto a 2017, e as intoxicacións etílicas foron a metade.

O alcalde de Redondela, Javier Bas, fixo esta mañá balance de datos do Entroido de Verán 2018. Acompañado do concelleiro de Interior e Seguridade, Arturo González, e a edil de Festas Ángela Antón, fixo unha valoración “moi positiva” da campaña “Redondela 0,0”. O obxectivo era eliminar da festa “o machismo, o vandalismo, o botellón e as drogas”. A asistencia ao Entroido, celebrado o pasado sábado, non se reduciu con respecto a outros anos, pero si as incidencias derivadas do consumo de alcol e drogas. As intervencións totais no hospital de campaña reducíronse nun 25% con respecto ao ano pasado, e as intoxicacións etíticas foron a metade. Se en 2017 se rexistraron 20 casos de pacientes por consumo de alcol, nesta edición foron só 10, sendo tres deles menores de idade. Con todo, ningún deles tivo que se trasladado a un centro hospitalario. Isto leva ao goberno local a falar con satisfacción das medidas adoptadas. A prohibición de consumir e vender alcol no recintos dos concertos non restou afluencia de público “xa que o aforo máximo permitido estivo sempre completo” segundo explica o rexedor redondelán. O edil de Seguridade, Arturo González, explicou que se limitou a 4.500 o número de persoas que podían estar no recinto, para evitar situacións de risco, e que a festa se desenvolveu nun ambiente “de diversión e sen incidencias reseñables”. Bas recoñeceu que si se deron situacións de consumo de alcol nas barras que os establecementos de hostalaría colocaron por toda a vila, e tamén houbo zonas onde a mocidade consumiu botellón, “pero en menor medida que outros anos”, explica Bas. Axentes da policía controlaron nos supermercados e bares que se cumprira a normativa de non despachar alcol a menores de idade. Houbo 28 inspeccións en establecementos e non se produciu ningunha irregularidade neste sentido. Tamén se identificaron a grupos de mozos que consumían bebidas alcólicas. En total foron 29 identificacións, pero en todos os casos os rapaces eran maiores de 18 anos. Limpeza A campaña tamén tivo consecuencias positivas no volume de residuos xerado. Segundo o alcalde, tanto o recinto dos concertos como as zonas destinadas ao público infantil e familiar amenceron “practicamente limpos”. Recoñece Bas que si houbo acumulación de lixo nas rúas “pero en menor cantidade que outros anos”. En canto a actos incívicos como os ouriños na rúa “lamentablemente seguiron producíndose” malia ter duplicado o número de aseos portátiles, o que segue a ser unha nota “moi negativa”. Debate social A campaña do Concello serviu non só para reducir o consumo de alcol no Entroido de Verán, senón tamén “para abrir o debate na sociedade e nas familias”, unha cuestión “fundamental” segundo o alcalde para dar solución a un grave problema como é o do consumo de alcol por parte de menores. O programa “Redondela 0,0” vai ter continuidade o resto do ano, a intención do goberno local é extendelo a outros eventos e festas que se organicen. Tamén a partir de setembro seguirán coa campaña “cero machismo, cero vandalismo, cero botellón, cero drogas” nos colexios, institutos, asociacións deportivas e colectivos en xeral. A intención do Concello é abrir un debate no que os mozos participen “e propoñan as súas propias alternativas de ocio sen alcol”. Javier Bas entende que sería “moi positivo” extender este tipo de campañas a outros municipios e abrir un diálogo para que as administracións traballen conxuntamente e busquen outras medidas que poidan ser efectivas para evitar que as festas estean vencelladas ao “macrobotellón”. O alcalde quixo agradecer tamén o traballo dos corpos e forzas de seguridade, Protección Civil e Grumir, os empregados municipais, persoal sanitario e demais colectivos que traballaron pola seguridade, a limpeza e o bo desenvolvemento dunha festa que reuniu en Redondela a máis de 25.000 persoas.

Javir Bas alcalde de Redondela
Este ano reduciuse o número de asistencias no hospital de campaña.
A metade de intoxicacións
O número de casos de intoxicacións etílicas pasou de 20 en 2018 a 10 en 2018.
Menos residuos
A campaña tamén tivo un efecto positivo no volume de residuos que se xerou durante a festa.
Debate social
Bas valora como algo positivo que a campaña abrise un debate na sociedade e nas familias.
Redondela 00 continúa
A campaña vai ter continuidade o resto do ano nas festas e eventos. O Concello tamén a levará aos colexios institutos asociacións deportivas e colectivos en xeral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará