Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito de participación no II Campus Juan Puertas

RR_Noticias

Tras o éxito obtido na edición anterior, o club Redondela F.S. e o xogador volven poñer en marcha o II Campus Multideporte Juan Puertas. Este ano celébrase do 3 ao 7 de setembro no Pavillón Municipal A Marisma. Está dirixido a rapaces desde os 6 e ata os 15 anos, que poderán practicar deportes como natación, balonmán, tenis, pádel e fútbol sala.

O cordinador da actividade, Francisco Iglesias, agradece a colaboración doutros clubs redondeláns de diferentes disciplinas, e sinala que o campus está a ter “moi boa acollida” coas prazas case esgotadas. O obxectivo deste campus, como na primeira edición, é “potenciar a práctica deportiva fomentando os hábitos de vida saudables, ofrecendo un abanico moi amplo de disciplinas deportivas para que os rapaces experimenten e se divirtan”. A data elixida para o campus, na primeira semana de setembro, permite tamén conciliar a vida familiar e laboral uns días antes de que comece o curso escolar, e afástase doutras datas máis saturadas de actividades deportivas como xullo e agosto. O prazo de inscripción está aberto ata o 27 de agosto, ou ata que rematar as prazas, xa que son moi poucas as que quedan dun total de 50 dispoñibles. O prezo da actividade, que se desenvolve de 9.30 a 13.30 horas, é de 50 euros, e inclúe a merende a o seguro médico. Os interesados poden informarse nos teléfonos 695 017 373 e 678 494 950, ou no enderezo electrónico redondelafutbolsala@gmail.com. Ao igual que na primeira edición o xogador Juan Puertas compartirá tempo e experiencias cos participantes, a piques de comezar unha temporada moi especial. Iglesias sinala que é unha “moi boa nova que Puertas regrese á liga nacional, e ademais nun equipo galego”. O xogador fichou polo Noia Apostoli, equipo que adestra o tamén redondelán Julio Mougán.

Francisco Iglesias cordinador
O campus está a ter moi boa acollida coas prazas case esgotadas.
Deporte e conciliación
O campus ofrece a posibilidade de practicar diferentes deportes na semana previa ao inicio do curso escolar.
Juan Puertas
O xogador que agora milita no Noia compartirá tempo e experiencias cos rapaces no campus.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará