Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración contra a violencia machista

RR_Noticias

Nun comunicado, o Concello de Redondela mostra a súa repulsa polo caso de violencia de xénero acontecido na localidade coruñesa de Cabana de Bergantiños e condena “toda clase de actos violentos contra as mulleres”. Esta é a terceira morte por violencia de xénero rexistrada este ano en Galicia.

Na súa loita contra a violencia de xénero, o Concello de Redondela aprobou unha moción co fin de facer reflexionar á sociedade e tratar de visualizar este problema social que nos afecta a todas e todos. Froito desta moción, colgouse unha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello e un lazo violeta na páxina web do Concello. Ademais, convocouse unha concentración diante do edificio do Concello este mediodía, e gardarase un minuto de silencio no próximo pleno. Lembran que a violencia de xénero é un problema dunha índole “que transcende xa do ámbito particular” e estase a converter nunha auténtica crise social. Advirten que todos os poderes públicos han de implicarse “ben para tratar de previr estes terribles sucesos, como para protexer e axudar a quen sofre violencia por ser muller”. Nesta liña, o Concello de Redondela traballa para o fomento da igualdade e o recoñecemento dos dereitos das mulleres en calquera ámbito da vida, a través de diferentes recursos como o Centro de Información ás Mulleres (CIM) ou a Mesa de Coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero. O goberno local fai tamén un chamamento ás mulleres que sofren violencia e á sociedade “para denuncien e acudan á Policía, aos Xulgados ou aos Centros de Información ás Mulleres” para así poder activar os recursos que existen na loita contra a violencia machista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará