Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Vive o Camiño” achega a Redondela os contos de Anxo Moure e a música de Najla Shami

RR_Noticias

A praza da Casa da Torre acolle mañá martes un dobre espectáculo. Comeza ás 20.00 horas co artista Anxo Moure cunha proposta de contos e historias para todos os públicos. A continuación actuará a cantante e guitarrista Najla Shami.

O programa de artes escénicas “Vive o Camiño” inclúe a particular proposta de contos e historias das árbores do Camiño Portugués que concienciará da importancia de protexer o patrimonio forestal da ruta xacobea, a cargo do lucense Anxo Moure. A cita será mañá martes, ás 8 da tarde, na Praza da Casa da Torre. De seguido, no mesmo lugar, concerto de voz e guitarra “Camiños de culturas”, con Najla Shami, cantante e compositora galega nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, que mistura nos seus traballos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará