Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior incrementou nun 188% as visitas desde a súa musealización

RR_Noticias

De “éxito rotundo” cualifican na Deputación de Pontevedra os cambios introducidos no histórico inmoble, logo de que o mes de maio rexistrara case 13.000 visitantes. O dato supón 8.460 persoas máis que no mesmo período de 2017. Só o pasado martes acudiron ao recinto máis de 300 visitantes.

A presidenta da Deputación de Pontevedra cualificou de “éxito rotundo” as cifras de visitantes que se están a obter trala posta en marcha da musealización do Castelo de Soutomaior, unha das apostas máis fortes do goberno provincial. Deste xeito, dende a reapertura do Castelo a mediados de maio, xa pasaron polas instalacións do recinto histórico preto de 13.000 persoas, 8.460 máis que no mesmo período do 2017, o que supón un incremento do 188,2% no número de visitantes. Carmela Silva amosou a súa satisfacción pola “altísima” demanda que está a rexistrar o castelo trala súa reapertura. Os resultados acadados neste período poñen de manifestou que a aposta do ente provincial e o impulso dado ao recinto histórico está a permitir cumprir cun dos obxectivos marcados pola presidenta: recuperar o castelo para a cidadanía. “Queremos abrir á xente, ás familias, un espazo que é de todas e de todos e queremos facelo cun Castelo renovado, cheo de contidos que poñen de manifesto a importancia deste enclave tanto para a provincia como para o resto de Galicia e do Estado”, asegurou Carmela Silva. Desde a inauguración da musealización do Castelo, Soutomaior está xa situado “á altura dos mellores castelos do mundo, dotado da máis avanzada tecnoloxía nas súas dez salas, con materiais explicativos interactivos que recollen a historia do castelo desde o século XII ata a actualidade, reproducións de documentos históricos, sete audiovisuais, recreacións en 3D, tres caixas máxicas e un marabilloso videomapping que non deixa a ninguén indiferente”, segundo a presidenta da Deputación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará