Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A moda toma as rúas en Redondela con desfiles itinerantes na Noite Tropical de compras

RR_Noticias

A Asociación de Empresarios organiza varios desfiles de moda mañá venres, na Noite Tropical de compras. Unha ducia de establecementos locais súmanse á iniciativa, coa colaboración de Abanca. Será unha das propostas da Shopping Night que se celebra mañá con descontos e agasallos, e que un ano máis se celebra xunto ao Festival de Artistas de Rúa.

As rúas de Redondela vanse transformar mañá venres en pasarelas de moda. Esta nova proposta pretende visibilizar a importante oferta que supón a suma do comercio local que, de xeito colectivo, configura unha a oferta ampla, variada e con gran diversidade de marcas. Os desfiles itinerantes contarán con modelos profesionais coordinados pola Axencia de organización de eventos de moda, protocolo e modelaxe M&H Fashion Shows and Models, aínda que tamén contarán coa colaboración de modelos non profesionais. Participan os establecementos Aurora, Coco&Colet, Como Agua de Mayo, Confecciones Reggio, CS82 Urban Style, Donna Bella, La Boutique 10 Euros Redondela, as lencerías Koqueta e Lisi, Os Trapiños de Lola, SML e Zafira. Os desfiles comezarán a partir das 20.00 horas e percorreran as diferentes rúa de Redondela ata ás 23.00. Un total de 14 modelos desfilaran con propostas tanto masculinas como femininas. Os looks que se poderán ver serán tanto de festa, noite, casual ou baño.
Shopping Night e Festival de Artistas de Rúa
Os desfiles englóbanse na Shopping Night, nesta edición con temática tropical, e na que participan 45 establecementos, nos que atoparemos descontos de até o 70%. Até á medianoite estarán abertas as portas dos establecementos comerciais que tamén ofrecerán degustacións, agasallos e sorteos. Este ano súmanse os hostaleiros con food truck nas rúas e postos de comida. Unha xornada de compras de actividades ás que se suma un ano máis ao Festival de Artistas de Rúa. As prazas de Redondela acollerán oito espectáculos nos que se fusiona circo, malabares, maxia e música . Localizacións como a Praza da Constitución, a Casa da Torre, a praza de Lenda ademais da Praza de Ponteareas e o Parque de Fenosa serán o escenario. O cómico “Aviador EZ” presentará o seu espectáculo itinerante ás 19.00 e ás 20.00 horas. O humor chegará coas “Ohlimpiadas!” que o grupo Desincronacidas porá en escena na Praza da Casa da Torre ás 23.00 horas. A agrupación “A Vida Tola” estará na Praza de Ponteareas ás 21.45 horas. No recén inaugurado Parque de Fenosa actuará “Lila Star” ás 22.30 con malabares e clown. A maxia será a protagonista do espectáculo de “Don Gelati” na Praza da Constitución ás 19.30 horas. Os malabares estarán na Praza de Lenda ás 21.00 horas con “Trasno” e Nelson Quinteiro será o encargado de achegarnos a música e a pintura ao vivo ás 21.15 horas. Propostas variadas e para todos os públicos nas rúas de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará