Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un festival despide o programa de conciliación

RR_Noticias

Remata o programa de conciliación do Concello de Redondela onde participaron preto de 300 nenos e nenas de entre 4 e 14 anos. As actividades realizáronse en once parroquias, con diversas temáticas. Dedicouse parte dos obradoiros a fomentar o aforro de auga e temas medioambientais. Unha actividade novidosa este ano foi a inclusión da lingua de signos para todos os nenos con obradoiros impartidos por XOGA.

A aprendizaxe puido constatarse nas actuacións do festival xa que varias das cancións se interpretaron tamén en lingua de signos. Desde o goberno local sinalan que un ano máis o programa volveu ser un éxito, xa que se cubriron todas as prazas ofertadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará