Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música mariñeira e música coral na praza da Casa da Torre

RR_Noticias

A praza da Casa da Torre acolle este venres ás dez da noite un concerto enmarcado dentro das actividades culturais do concello a carto do grupo de música tradicional e mariñeira, Airiños do Mar de Teis, do que forman parte compoñentes de Redondela e a súa contorna. O sábado no mesmo espazo os afeccionados poderán achegarse á música coral da man da Coral Santiago Apóstolo e a formación coral de Reboreda.

Cun repertorio variado de canción maioritariamente galega, tradicional e mariñeira, Airiños do Mar de Teis convida aos espectador a unir as súas voces cos artistas que estarán sobre o escenario. O concerto será a partir das 22:00 horas, con entrada gratuíta. Para todos os públicos.
Concerto de Corais
Xa o sábado poderemos achegarnos a un festival de música coral polifónica con presenza dos grupos Coral polifónica de Santiago Apóstolo, de Redondela e coral da Sociedade Labrego cultural de Reboreda. O concerto será a partir das 22;00 horas da noite, no escenario da praza da Casa da Torre
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará