Hoxe é Mércores 21 de Outubro de 2020

Os músicos de Redondela deciden unirse

RR_Noticias

Convocan unha reunión o vindeiro luns para abordar diferentes cuestións nas que traballar conxuntamente. Na orde do día inclúen a gravación dun CD e a organización dun concerto a principios de setembro coordinado dende a Asociación Artelixo, pero tamén a necesidade de reclamar do Concello un maior apoio na organización de eventos musicais ou na xestión de uso do local de ensaio. A reunión será o día 23 ás 20:00 horas na Casa da Cultura e está aberta a calquera persoa interesada.

A iniciativa parte de Artelixo a raíz de diferentes problemáticas que afectan aos músicas e artistas da vila. Entre outras, sinalan como feito determinante a actual situación do local de ensaio, de onde os responsables políticos terían ordenado a retirada do material musical logo de que se produciran algúns roubos. Entenden que cómpre darlle unha solución para que os grupos ou músicos que queiran ensaiar nese espazo ubicado nas antigas escolas poidan facelo sen atrancos e con garantías. Tamén formulan a posibilidade de constituírse como Asociación para poder así facilitar as contratacións e a xestións das actuacións. Outra das cuestións concretas que se abordará na xuntanza é a gravación do CD Artelixo e a organización dun concerto previo previsto para principios de setembro.  

Pedro Pérez Artelixo
Unha das cuestión que lles preocupan é a xestión do local de ensaio
Asociación de músicos
Crear unha asociación podería ser de utilidade para os seus integrantes

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *