Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Augas de Galicia desestima a reclamación de AER na obra do Paseo do Maceiras

RR_Noticias

A agrupación de electores solicitara a intervención do organismo autonómico por entender que os traballos realizados no paseo incumpriran a normativa en diferentes cuestións ao empregar material non autorizado e por executárense as obras fóra do período permitido. Con todo, segundo explican dende o goberno local, Augas de Galicia desestima estas reclamacións logo de constatar que “os traballos levados a cabo entre abril e xuño (época de reprodución das aves) non afectaban a canle nin foresta da marxe xa que os muros e rozas foran executadas con anterioridade”. Tamén avalan o material empregado dado que “a pedra que se usou coincide coa do proxecto”.

Explican dende o goberno que “tras realizar as correspondentes inspeccións motivadas pola reclamación de AER polas obras executadas para rematar o Paseo do Maceiras ata Ponte da Lama, o organismo autonómico da por bos os traballos realizados xa que segundo os informes ningún deses traballos afecta negativamente ao río”.
Engaden dende o goberno local que logo de que Augas de Galicia emitira esta semana unha autorización que da luz verde a todos os traballos executados ata o de agora e que permiten aos veciños contar cun paseo de máis de 1,5 quilómetros á beira do río “o goberno xa estuda a continuación do mesmo cara a parroquia de Santo Estevo”.
A voceira do PP, Carmen Amoedo, critica o proceder da formación asemblearia neste asunto porque ao seu entender “o único que fan e poñer paus na roda intentando paralizar calquera proxecto que sexa bo para os veciños”. Afirma que “AER non soporta que todos os veciños e veciñas poidan gozar deste paseo grazas ao traballo deste goberno. Xa cando se fixo o acceso á Fervenza pretenderon reprobar á Concelleira e agora con esta obra solicitan a dimisión dun concelleiro de Medio Ambiente que está a recuperar espazos que ata agora se atopaban abandonados e degradados”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará