Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diego San José, un Fillo Adoptivo para honrar os perdedores do 36

RR_Noticias

Un total de 16 colectivos de Redondela veñen de solicitar no Concello que se recoñeza ao escritor e xornalista Diego San José (Madrid, 1884- Redondela 1962) como fillo adoptivo de Redondela. Unha iniciativa que busca dar a coñecer a figura deste redondelán de adopción e honrar tamén, de xeito indirecto, a todas aquelas persoas que coma el mesmo, foron represaliadas polo réxime franquista pola súa defensa da legalidade republicana.

A iniciativa xurdiu hai un ano co gallo da presentación do libro de Diego San José “De cárcel en cárcel” que reunía no Multiúsos da Xunqueira a máis de duascentas persoas. Algúns dos alí presentes coincidiron na necesidade de que se recoñecera a figura, vida e obra do escritor e xornalista, quen fora represaliado polo réxime franquista e cuxa defensa da legalidade republicana levouno a estar encarcerado en diferentes penais, entre eles a Illa de San Simón. San José foi unha de tantas vítimas do franquismo e máis concretamente do Xulgado Especial de Prensa (1939-1941). Condenado a morte por ter colaborado na prensa do Madrid sitiado polas tropas de Franco, a súa traxectoria de cárcere en cárcere durante a posguerra levouno tamén ao penal da illa de San Simón, onde permaneceu catro anos. Condenado a morte inicialmente, esta sanción seríalle conmutada pola cadea perpetura e quedaría en liberdade condicional no ano 1944. “Diego San José estableceu a súa residencia definitiva en Redondela, acollido pola axuda de Ernestina otero e polo mecenado de José Regojo, integrándose na vida laboral, social e cultural da vila e enriquecendo en todos os sentidos a vida de todos os redondeláns” segundo destacan os colectivos que secundan esta petición. Sesenta anos despois do seu pasamento entenden “é tempo de recoñecer e homenaxear a Diego San José como fillo adoptivo de Redondela, coma un acto de xustiza e de memoria”, motivo polo que xa se entregou no rexistro do concello esta solicitude que onte era presentada tamén ante a familia do homenaxeado, quen agradecía a iniciativa. Será agora o pleno o que tome a determinación do seu nomeamento proposto entre outros por Alén Nós, Asociación Xente Titiriteira, Artelixo, Redondela en Curto, Asociación Cultural Alejandro Otero Fernández, Asemblea Feminista Paxaretas ou a Federación de Asociación de Veciños.  

Tatán Xente Titiriteira
Unha homenaxe aos que xa non están
Andrés Laxe Alén Nós
Unha iniciativa que leva xestándose un ano
Agradecementos da famila
Foron convidados á presentación da iniciativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará