Hoxe é Domingo 13 de Xuño de 2021

Abre o prazo para se inscribir no campamento urbano de Xuventude

RR_Noticias

A Concellería de Xuventude pon en marcha o campamento de verán que se vai desenvolver de balde na Alameda de Redondela no mes de agosto orientado a nenos e nenas que teñan entre 4 e 12 anos de idade. As persoas interesadas deben inscribirse ante do 31 xullo nos rexistros do Concello.

A Concellaría de Xuventude, dirixida por Julio Mougán, pon en marcha o campamento urbano orientado a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos que se desenvolverá na Alameda de Redondela entre o 7 e o 31 de agosto. As persoas interesadas deben inscribirse como data límite o martes 31 no rexistro do concello. O horario do campamento será de 9:00 a 14:00 e os inscritos poderán optar ás catro semanas de duración ou se o prefiren optar tan só a algunha das semanas ofertadas.
Unha actividade completamente de balde na que se traballará cos nenos diferentes temáticas como o mar, instrumentos musicais, xogos populares, xogos de auga, busca do tesouro e xincanas.
Campamentos de praia
Unha proposta dun departamento que ten tamén en marcha dende o pasado día 15 os campamento de praia de Cesantes e Arealonga. Neste caso os nenos que queiran gozar de xogos populares, xogos de auga, olimpiadas e xincanas impartidas por monitores non teñen que inscribirse previamente. O único requisito é ter máis de catro anos e anotarse na propia praia ata completar as prazas, un total de 30 diarias en horario de 17:30 a 19:30.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *