Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco regresa ao terreo de xogo

RR_Noticias

Comeza a pretempada en Santa Mariña este mércores, ás 21 horas, con moitas caras novas. Equipo técnico e xogadores que tentarán superar os resultados da pasada campaña que deixaban ao conxunto local oitavo da categoría. O encargado de dirixir o equipo será Gonzalo Fernández,  que debuta na Terceira División pero coñece ben o club. Xogou no club redondelán no pasado, dirixiuás categorías base e acompañou a Marcos Montes nas últimas tempadas. Un reto que encara con ilusión e apostando pola continuidade. Agora é a quenda de compactar un grupo cheo de novos nomes onde se combina a experiencia coa xuventude.

Logo das vacacións estivais, o Choco retoma o traballo en Santa Mariña este mércores co primeiro adestramento da pretempada. Unhas sesións que lle servirán tanto a xogadores como ao corpo técnico para coñecerse e deseñar o que será o Choco da próxima campaña. En torno aos vinte xogadores será dos que dispoña Gonzalo Fernández, novo adestrador do equipo, que estará acompañado por Óscar Pére, que dirixiu ao xuvenil, e Erik Penedo, que xa traballou o pasado ano co primeiro equipo. Fernández recoñece que se trata dunha liga moi competitiva con rivais fortes, que veñen de reforzar os seus equipos pero confía no traballo dos xogadores, entre os que atopamos oito caras novas. Combinación de xuventude e experiencia que serán a gran baza deste ano do equipo redondelán. Este mércores temos a primeira oportunidade de velos no terreo de xogo, no primeiro adestramento. En Santa María ás 21.00 horas.  

Adestrador Choco Gonzalo Fernández
Debut en Terceira División. Un reto importante ao que non teme dado o equipo que configuraron para a próxima tempada
Continuidade no estilo de xogo
"Gonza" aposta por continuar co estio marcado por Marcos Montes nas pasadas campañas ao que acompañou de preto
Novos xogadores
O Choco presenta oito caras novas. Unha aposta polos xogadores locais a xuventude e experiencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará