Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

No comercio, unha imaxe si vale máis que mil palabras

RR_Noticias

YouTube, Instagram, Pinterest, Facebook manda no mercado actual. A imaxe pode ser o motivo dun si ou de un non á hora de mercar e é sinónimo de incremento de vendas. Por iso coidar a imaxe que se transmite nas redes sociais do noso establecemento ou dos produtos que ofrecemos é un piar básico para a rendibilidade dun negocio. Aprender como converter o móbil nunha ferramenta de mercadotecnia para conseguir o máximo impacto dos teus produtos cunha simple foto é o obxectivo do obradoiro que organiza “Onthebus” sobre imaxe de produto e fotografía para redes socias este mércores, ás 8.15 horas, na Asociación de Empresarios.  

A imaxe é básica na relación entre cliente e propietario nun momento onde a Internet manda á hora de mercar. Por iso as fotografías convértese nunha ferramenta indispensable para que un negocio funcione. Para mellorar o seu uso, a consultora local “Onthebus” xunto á Asociación de Empresarios de Redondela, organizan un taller formativo este mércores, entre as 8.15 e as 10.00 horas, na que Uxía Álvarez, profesional do ámbito da imaxe publicitaria especializada en fotografía para empresa e comercio e responsable de Nice Moments” aportará conceptos básicos para mellorar a imaxe dun negocio nas redes sociais. Nocións básicas sobre fotografía, publicidade e márketing de marca para promocionar un negocio co móbil. Un obradoiro práctico para o que non se precisan coñecementos previos e que vai dirixido fundamentalmente a aquelas persoas que teñan un establecemento comercial, aínda que está aberto a todo aquel que estea interesado. Unha iniciativa, que se suma ás xa organizadas ao longo deste ano pola consultora “Onthebus”, proxecto redondelán que dirixe Sonsoles Castiñeiras e que se centra no ámbito da asesoría, formación e conexión de profesionais e empresa. En setembro regresarán con máis propostas formativas.  

Sonsoles Castiñeiras "Onthebus"
Importancia das redes sociais para a rendibilidade dun negocio
Obradoiro fotografía redes sociais
O móbil será a ferramenta utilizada neste taller que pretende mellorar o impacto dos teus produtos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará