Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rosalía xa contempla o mar desde Chapela 133 anos despois

RR_Noticias

“Abride a fiestra que quero ver o mar”. Con estas palabras despedía Rosalía de Castro a súa casa da Matanza antes de morrer. Desde este domingo xa o contempla na Alameda de Chapela onde unha escultura da escritora, obra do artista ourensán Tony Ferrer, lle dá nome a este espazo da parroquia redondelá. As actuacións nesta zona completaranse cun mural sobre a obra e a figura da compostelá nun dos laterais da alameda ademais das súas palabras que se poderán ler no parque infantil.  

Coincidindo co 133 aniversario do pasamento da que foi a máis ilustre das escritoras galegas o concello de Redondela  celebrou un acto institucional para homenaxear a Rosalía e inaugurar esta obra artística, que é unha das actuacións promovidas logo de que o pleno decidise que sería a escritora compostelá a que lle daría nome a este lugar. O mar, o vento e a choiva, inspiraron a escultura de Rosalía de Castro que xa está situada na alameda de Chapela. Unha obra en bronce e pedra do artista ourensán Tony Ferrer, que preside este espazo e quere ser unha homenaxe a escritora máis senlleira das nosas letras, transcendente en todo o mundo e como destacaba a concelleira de cultura, Teresa París, “amante do pobo, das mulleres, dos desfavorecidos e defensora dos seus dereitos”. Un acto no que o secretario xeral de Política Lingüística destacaba a idoneidade do emprazamento polo amor que sentía Rosalía de Castro polo mar e así se reflectía nas numerosas referencias atopamos na súa obra. Rosalía, que en palabras de Valentín García, “cantou a Galicia cando ninguén o facía, que escribía libros cando case ningunha muller tampouco o facía”.  O secretario de Política Lingüística facía fincapé en que “son poucos os países que teñen como figura máis emblemática da súa cultura e da súa lingua a unha muller. Presente en todas as universidades do mundo. Pioneira e valente. Axudou a construír un país fermoso e animou a saír da escuridade na que vivía Galicia”. Actos de homenaxe á escritora no noso concello que comezaban no mes de febreiro co gallo do Día de Rosalía e continuarán segundo explicaba o alcalde de Redondela. Javier Bas anunciaba que a actuación na Alameda de Chapela completarase cun mural que fará alusión a Rosalía e a súa obra así como a reprodución dalgunhas das súas verbas no parque infantil, sito neste emprazamento.  

Secretario Política Lingüística Valentín García
García destacaba a idoneidade do lugar
Alcalde Redondela Javier Bas
Haberá máis actuacións na Alameda co pintado dun muro e no parque infantil.
Concelleira Cultura Teresa París
Significado de Rosalía de Castro para a cultura galega
Fundación Rosalía de Castro
A edil Teresa París era a encargada de porlle voz as palabras da Fundación. Ausentes por mor dos actos do 133 aniversario do pasamento de Rosalía.
Escultor Tony Ferrer
O bronce e a pedra foron os elementos que lle dan vida a esta peza do escultor ourensán

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará