Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

16 colectivo promoven a Diego San José como Fillo Adoptivo

RR_Noticias

O escritor e xornalista é un dos nomes máis importantes vinculados a Redondela con trinta libros, máis de sesenta novelas e milleiros de artigos publicados. Dezaseis asociacións e colectivos locais presentan este mércores, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura o manifesto polo recoñecemento deste redondelán de adopción, como Fillo Adoptivo de Redondela.

Diego San José chegou a Redondela despois da Guerra Civil, logo de sufrir a represión franquista con cinco anos de reclusión na illa de San Simón e no cárcere de Vigo pola súa defensa á República.
Un escritor que na súa obra tamén tivo palabras de agarimo para Redondela e os redondeláns pero cuxa obra non ten a difusión que debera respondendo a súa relevancia.
Agora dezaseis colectivos entre os que atopamos a Alén Nós, Asociación Xente Titiriteira, o Artelixo, Redondela en Curto a Federación de AA.VV, Asociación cultural Alejandro Otero Fernández, ou a Asemblea Feminista Paxaretas, únense para presentar un manifesto para promover o recoñecemento do escritor madrileño como Fillo Adoptivo. Será o mércores, 18 de xullo, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará