Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada solidaria con Costa de Marfil

RR_Noticias

Música, danza e produtos e alimentos típicos do país africano serán os protagonistas este domingo na praza da Casa da Torre da man da ONG Égueira que dará a coñecer os proxectos que dende 2008 vén desenvolvendo neste país. A partir das 22.00 horas o Coral de Saint Luc Banabakintu achegará a Redondela os ritmos da Costa de Marfil e os seus bailes.

Dende hai dez anos, esta asociación de Cooperación para o Desenvolvemento en África, Égueira, realiza distintos proxectos no ámbito da promoción e desenvolvemento desta rexión, na sensibilización e educación en Galicia asi como na posta en funcionamento de proxectos de integración.
Este domingo chegan a Redondela para dar a coñecer a realidade da Costa de Marfil. Haberá postos de artesanía e alimentos propios desta rexión do occidente de África e ambientación pola rúa con música e danza. Ademais membros desta asociación, con sede na Coruña, presentarán as iniciativas que está a realizar nas zonas máis necesitadas deste país que xa se concretaron na rehabilitación de centros educativos e sanitarios, a acollida de nenos orfos, microcréditos destinados á creación de cooperativas de mulleres ou a construción dunha maternidade a finais de 2017 na localidade de Nandibou. Labor que foi recoñecido en marzo deste ano polo Ministerio do Interior, coa declaración de asociación de Utilidade Pública.
O peche a esta xornada de intercambio cultura o porá a agrupación marfilesa, Saint Luc de Banabakintú, creada en 1974 e formada por membros deste pobo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará