Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación cifra en seis millóns de euros o investido en Redondela nos últimos tres anos

RR_Noticias

A deputada Digna Rivas fixo hoxe balance dos cartos investidos no municipio pola institución provincial que sumou seis millóns de euros entre o Plan Concellos e o investido polo resto das áreas. Investimentos que permitiron a contratación de 74 persoas, en palabras de Rivas, que establece como prioridade de cara o futuro o remate do aparcadoiro de Chapela.

A deputada de Cohesión Social e Xuventude visitou este mércores Redondela para presentar o investimento que fixo a Deputación de Pontevedra no municipio desde 2015. Unha cifra que segundo apuntaba ascende a seis millóns de euros, boa parte deles procedentes do Plan Concellos que contou este ano cunha inversión de 42 millóns de euros e se divide en tres liñas de axudas: investimento, amortización e emprego. Os fondos están destinados a todos os concellos da provincia, agás os de Vigo e Pontevedra, cos que a Deputación asina convenios. A distribución dos fondos entre os concellos calcúlase aplicando criterios como a poboación, a superficie, os núcleos de poboación e a densidade de cada municipio. Rivas tamén establecía como unha das actuacións prioritarias para a institución provincial a finalización do aparcadoiro de Chapela.  

Deputada Digna Rivas
Rivas cifra en seis millóns de euros o investido no municipio nos últimos tres anos
Proxectos prioritarios
A deputada comprométese a rematar canto antes o aparcadoiro de Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará