Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tardes de contos e música na Biblioteca de Chapela

RR_Noticias

A Biblioteca Municipal de Chapela, no Piñeiral do Crego, acolle esta semana dúas sesións de contacontos. Mañá mércores a cita é para os máis pequenos coa obra “Comerá o bebé?”, para cativos de 6 meses a 3 anos. O venres o público familiar poderá gozar do contacontos musicado “O soño de Esther”. Os dous con entrada de balde.

A cita de mañá mércores é ás 18.00 horas con Cris de Caldas e a obra “Comerá o bebé?” para nenos de 6 meses a 3 anos, acompañados dun adulto. a inscrición debe facerse na Biblioteca de Chapela, no teléfono 986454226 ou no enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal. O venres día 15, ás 19:00, é a quenda dun contacontos musicado con Miguel Ángel Alonso Diz e a Escola de Música de Chapela. O poeta, autor de literatura infantil, estará acompañado pola pianista da Escola de música de Chapela na narración da historia “O soño de Esther”. Andrés Álvarez, director da Banda de Música de Chapela, achega a súa composición musical orixinal para este conto. A actividade está pensada para público familiar e a entrada é libre.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará