Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acampada, excursións, parque acuático e moito máis nas actividades de verán de Soutomaior

RR_Noticias

Neste verán, a parte das actividades clásicas como as actividades nocturnas cos pais, parque acuático en Portugal, acampada ou festa da bicicleta, tamén haberá unhas interesantes novidades. Entre elas o tren turístico para desprazarse ata o Castelo de Soutomaior e visitar a súa exposición audiovisual. E non faltarán os inchables acuáticos, visita ao acuario ou procuras do tesouro. As acticidades están dirixidas a nenos de entre 3 e 15 anos.

Ata o venres 22 de xuño está aberto o prazo de inscrición para as actividades de verán do Concello de Soutomaior, nas que se espera a participación de máis de 300 nenos de idades de entre 3 e 15 anos. As inscricións pódense realizar na Casa do Concello, no Pavillón Municipal, a Omix ou a Biblioteca Municipal. As prazas son limitadas por grupos e a actividade está dirixida só para empadroados no Concello. O cordinador de Deportes no Concello, Francisco Igleias, explica que se trata dunha iniciativa coa que queren axudar “á conciliación familiar e laboral” ao tempo que os rapaces se divirten con diferentes actividades. Na programación está implicado no só o departamento de Deportes, senón tamén as áreas de Cultura, Medio Ambiente, Xuventude, etc, cordinando diferentes actividades para que os partipantes poidan gozar de todo tipo de obradoiros. As actividades iniciaranse o 2 de xullo e rematarán o sábado 28 co festival de clausura. Os 5 de grupos de idade estarán supervisados por 7 monitores titulados a parte dos monitores de cada actividade que se desenvolva. A partir do día 27 de xuño xa poderá verse a lista de admitidos e a programación da primeira semana na páxina web www.soutomaior.com ou en www.gabinetesoutomaior.com. Tamén se abre no mesmo prazo a inscrición para as actividades de verán deportivas con padel, tenis e patinaxe. Para estas actividades as inscricións realizaranse exclusivamente no Pavillón Municipal da Montesiña.

Francisco Iglesias cordinador de Deportes
Actividades para todas as idades con novidades para sorprender aos rapaces.
Un programa para conciliar
Organizan actividades de mañán e de tarde nas que participan tamén os departamentos de Cultura Medio Ambiente e Xuventude.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará