Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior demanda ao novo goberno a Vía Verde e máis seguridade na N550

RR_Noticias

O grupo municipal do BNG presentará unha iniciativa para demandar ao novo goberno do Estado varias das necesidades que a veciñanza de Soutomaior leva reivindicando hai anos. Trátase de “necesidades fundamentais” que, segundo os nacionalistas, “deberían estar resoltas hai moito tempo”, como son as medidas de seguridade na estrada nacional 550 ou a construción da Vía Verde nas antigas vías do tren.

Desde o Bloque de Soutomaior agardan que co novo goberno “rematen estes anos de parálise no goberno central” e tamén do goberno local “que no canto de esixirlle solucións aos seus compañeiros do PP, metían os mandatos plenarios no caixón”, segundo denuncia o portavoz municipal Manu Lourenzo. Para os nacionalistas conseguir a Vía Verde sería “un paso de xigante” para Soutomaior, xa que permitiría entar conectados con Redondela ou Pontevedra cun traxecto en bicicleta de entre 10 e 20 minutos. Outra das medidas que demandan ao novo goberno é mellora da seguridade na N550 “unha das estradas con máis tráfico de Europa e coas alternativas de peaxes máis caras do Estado”. Lembran que os accidentes “son constantes”, algúns deles mortais. Demandan que se regule o tráfico con rontondas de entrada e de saída e con medidas de seguridade no núcleo urbano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará