Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Póker de Copas para o Choco

RR_Noticias

O equipo de Redondela sumou esta fin de semana a súa cuarta Copa Deputación consecutiva ao superar ao Estudiantil da Estrada no campo porriñés do Lourambal. Fíxoo ademais cun “póker de goles” en tan só vintecinco minutos nun partido que rematou finalmente con 4-1 a favor do Choco.

Nin a choiva nin o rival puideron co equipo de Marcos Montes. Os de Redondela fixeron catro goles en menos de vintecinco minutos e facíanse co seu cuarto título sen contemplacións. O Estudantil saiu ao campo cunha defensa adiantada para meter presión sobre o centro do campo redondelán.Con todo, Comis puido xogar cómodo e Óscar “Chiqui” e Davicín corrían por ambas bandas sen problemas. O marcador abriuno Pablo Couñago adiantándose ao porteiro. Na seguinte accións do Choco Comis tivo unha internada na área que sacou o porteiro, e Davicín empurrou o rexeite para poñer o 2-0. Pouco despois chegou o terceiro, obra de Chiqui logo dun pase de Comis. O título xa tiña dono, pero o Choco non se relaxou ata anotar o cuart, tamén de Chiqui nun man a man con Brais. O Estudiantil marcou un gol xusto no comezo da segunda parte por medio de Rial de disparo cruzado ante Adrián. Logo o tempo seguiu correndo, con varias ocasións, sobre todo para o Choco, pero o marcador xa non se movería.
Choco: Adrián; Yago, Rubén, Lucas, Xián, Alberto Suárez (Javi, min. 75), Rancaño, Comis, David Martínez “Davicín” (Vilas, min. 58), Pablo Couñago (Escobar, min. 68), Óscar “Chiqui”.
Agrupación Estudiantil: Brais; Jacobo, Diego Peña, Caraban (Carlos, min. 56), Mateo, Guille (Roi Peiteado, min. 22), Bruno (Fran, min. 81), Fer (Alfonso, min. 46), Brais Calvo, Alberto, Rial (Denis, min. 84). .
Goles: 1-0, min. 6: Pablo Couñago; 2-0, min. 15: Davicín; 3-0, min. 20: Óscar “Chiqui”; 4-0, min. 24: Óscar “Chiqui”; 4-1, min. 46: Adrián Rial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará