Hoxe é Venres 8 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

CEIP Santo Paio, unha escola diferente

RR_Noticias

O colexio de Reboreda abre as súas portas ao público este venres, 1 de xuño, co gallo do seu I Congreso do Reino Animal e a I Feira de Ciencia e Tecnoloxía. Alumnos doutros centros de Redondela e tamén as familias están convidados a este evento con ponencias e obradoiros nos que os escolares do CEIP Santo Paio de Abaixo son os auténticos protagonistas.

Os que se acheguen ao Congreso e a Feira poderán coñecer curiosidades dos animais salvaxes, os tesouros agochados no ecosistema da praia de Cesantes, experimentos, maquetas de Galiciencia e explorar coa robótica, entre outras cousas. Unha iniciativa deste centro público coa que pretenden que os alumnos sexan “os verdadeiros protagonistas”, como explica a mestra Verónica Camiña. Con esta actividade queren demostrar que pode facerse “unha escola diferente” onde os nenos “teñan voz” e aprendan non só dos libros, senón de todas as experiencias nas que participan. Ao longo de todo o curso traballaron no proxecto dos animais, investigando sobre eles e facendo tamén saídas á praia de Cesantes, como explica Alba Pérez Lago, alumna de 5º. Alí puideron comprobar a importancia do ecosistema mariño e como unhas especies “inflúen sobre outras”. Ao longo do curso tamén traballaron en diferentes proxectos de robótica. E agora queren amosar todo o que aprenderon ao público. Paula Rodríguez Couñago, tamén de 5º de Primaria, explica que os que visiten a Feira de Ciencia e Tecnoloxía non se poden perder as maquetas de Galiciencia. A xornada comezará ás 10.00 horas, e están convidados alumnos dos colexios Alexandre Bóveda, Laredo e Santa Mariña. Tamén as familias poden achegarse ao centro nesta xornada de portas abertas na que ademais poderán recibir “un baño sonoro”. Verónica Camiña explica que se trata dunha proposta do departamento de música do centro, co que os partipantes poderán facer “unha viaxe a través do oído”.  

Verónica Camiña mestra
No Cogreso e na Feira os alumnos serán os protagonistas.
Alba Pérez Lago alumna de 5º
Os alumnos visitaron a praia de Cesantes para coñecer os tesouros do seu ecosistema.
Paula Rodríguez Couñago alumna de 5º
Puideron aprender dun xeito divertido moitos coñecementos sobre os animais e tamén sobre robótica.
Portas abertas
Os escolares e familiares que se acheguen ao Congreso e a Feira poderán participar nun baño sonoro feito polo departamento de música.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará