Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A terra de San Martiño decidirá o finalista redondelán da Copa Deputación

RR_Noticias

C.D. Choco e Atl. De Vilar disputan esta noite un fermoso derbi na final da fase de Vigo da Copa Deputación de Pontevedra no campo de San Martiño a partir das 21:30 horas. Un partido de “David contra Goliat” no que o modesto equipo de Mon Sanromán se enfronta aos de Marcos Montes, de Terceira División, que buscan o seu cuarto título consecutivo. O gañador medirase na final ao gañador do duelo entre o Estradense e a Agrupación Estudantil que se xoga hoxe ás 21:00 horas.

O técnico do Choco acude a esta final “con moito respecto” polo rival e con 100% de intensidade. Afirma Montes que ese compromiso coa competición provincial levou ao equipo que adestra a chegar unha vez máis á final, xa que no torneo non hai marxe para a relaxación, e moitos equipos de gran nivel teñen ido quedando atrás. Está previsto un magnífico ambiente no campo de parroquia de Vilar, polo que tanto o Choco como os anfitrións animan a todos os afeccionados a asistir a un enfrontamento importante no deportivo, permo tamén cargado de emoción ao tratarse dous clubs redondeláns con moita historia. O técnico do Choco tamén destaca o mérito do Vilar, ao que fai chegar os seus parabéns, logo de ter asinado a súa mellor tempada. Tras acadar o ascenso á Segunda Autonómica gañou a Copa de Terceira Autonómica e agora está a un paso de meterse na final do torneo provincial. De feito, Montes salienta o bo estado de forma do fútbol local, co ascenso tamén do Cesantes a Segunda Autonómica e o pase a Primeira Rexional do Arcade, adestrado tamén polo redondelán Juan Amoedo.

Marcos Montes adestrador do Choco
Montes felicita ao Atl. Vilar pola espléndida temporada nun ano especialmente bo para o fútbol de Redondela e comarca.
Respecto ao rival
Montes recoñece que deben xogar con respecto ao rival e moita intensidade para facerse coa eliminatoria en San Mariño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará