Hoxe é Venres 8 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alfombristas e bailaríns protagonizan o arranque das Festas da Coca

RR_Noticias

A praza do Concello acolleu esta tarde a homenaxe aos veciños e veciñas que ao longo dos anos participaron activamente nestas festas, así como o acto solemne de relevo das penlas. O pregón, a cargo do antigo Grupo Folclórico de Redondela, lembrou os éxitos desta agrupación, e a Orquestra París de Noia pechará os actos de hoxe co concerto no campo da feira.

Marisa González, Marivina Reboredo e Aurora Bastos, foron as encargadas de ler o pregón destas Festas da Coca, en representación do antigo Grupo Folclórico de Redondela. Esta agrupación, en activo entre 1969 e 1976, levou o nome de Redondela por toda Galicia, e tamén polo resto de España e Portugal, chegando a actual no festival iberoamericano da canción, OTI, no ano 1972. En varias ocasións gañaron o Festival Rexional de Coros e Danzas, onde foron distinguidos como mellor grupo folclórico nacional, mellor grupo de gaitas e mellor parella de baile. Aurora Bastos lembrou tamén que o Grupo Folclórico de Redondela forma parte da historia da Coca.Nos antos 70 foron os encargados de representar a Danza das Espadas, e ante a falta de homes para completar as figuras a danza contou tamén con participación feminina “por primeira vez en séculos”. Con este pregón arrancou a festa máis identificativa de Redondela, na que os veciños e veciñas son protagonistas, xa que son eles os encargados de manter vivas as tradicións das alfombras florais e dos bailes. O Concello quixo así render homenaxe a algunhas das persoas que durante anos fixeron posible esta festa. Nesta edición o recoñecemento foi para Manuel Araújo, que durante anos participou na Danza das Espadas, e as alfolbristas María Dolores Otero López, Ángeles Virulegio González e Josefa Iglesias Crespo. Tamén recibiron a homenaxe do Concello os familiares de Esther Sánchez Míguez, xa falecida, e que durante décadas se encargou de elaborar os traxes de xigantes e cabezudos, dos “avós” e tamén das Burras e as Penlas. A xornada contou tamén coa acto solemne de relevo das penlas, no que Ainhoa Iglesias e Alexia Álvarez cederon o gorro a Laura Álvarez e Alba Figueroa. Pola súa banda Daniela Novelle e Bea Vilaboa como novas penlas recibiron tamén as súas “ás”, coas que protagonizaron o seu primeiro baile. No acto, o alcalde de Redondela, Javier Bas, xunto as concelleiras de Eventos e Cultura, Ángela Antón e Teresa París, agradeceron a participación dos veciños nas diferentes tradicións que fan das Festas da Coca unha celebración “única no mundo”.  

Pregón do Grupo Folclórico de Redondela
Marisa González amósase honrada por seren os elexidos para ler o pregón e desexa aos veciños que gocen destas festa.
Mulleres na Danza das Espadas
Aurora Bastos lembrou que a Agrupación Folclórica tamén forman parte da historia da Coca. O grupo bailou na Danza das Espadas incorporando tamén mulleres por primeira vez na historia.
Ángela Antón e Teresa París concelleiras de Eventos e Cultura.
As concelleiras salientan a importancia das Festas da Coca para os redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará