Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un dos finalistas da Copa Deputación será de Redondela

RR_Noticias

Atlético de Vilar o C.D. Choco, un dos dous equipos redondeláns será o campión da Fase de Vigo na Copa Deputación deste ano, logo de que ambos pasaran onte á final ao impoñerse nas semifinais ao Guardés e ao Santa Mariña, respectivamente. O gañador decidirase o próximo mércores, nunha final histórica para os de Mon Sanromán, mentres que o C.D. Choco é xa un clásico neste título. O gañador pelexará polo título ante o finalista da fase de Pontevedra.

Atl. Vilar 2-0 GuardésNon hai dúbida de que este é o ano do Vilar. O equipo de Mon Sanromán fixo historia de novo na noite de onte en San Martiño ao impoñerse na semifinal da Fase de Vigo da Copa Deputación ao Guardés, equipo de Primeira Autonómica. O Atl. Vilar, recén ascendido á Segunda Rexional, chegou por méritos propios á final copeira logo dun partido no que contou co apoio de toda a súa afección. Os dous goles dos redondeláns chegaron na segunda metade, logo dunha primeira parte que rematou con empate a ceros. Agora preparan ilusionados a final da Fase que os enfrenterá o próximo domingo ao Choco.Santa Mariña 0-2 ChocoOs de Jacobo Montes impuxéronse ao Santa Mariña no campo do equipo vigués. A final da Copa Deputación é un clásico para o equipo redondelán, que gañou o título os tres últimos anos de xeito consecutivo: ante o Vilalonga en 2015, o Alondras en 2016 e Estradense en 2017. Nesta ocasión será ante outro equipo redondelán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará