Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A avogada Belén Rodríguez achega fórmulas ás empresas para que se adapten a nova lei de datos

RR_Noticias

A entrada en vigor o vindeiro venres 25 de maio da nova Regulación Europea en materia de Protección de datos está a espertar moitas dúbidas por parte dos afectados. Co obxecto de resolver, dun xeito práctico, as preguntas que se están a formular ao respecto empresarios ou pequenos comerciantes, a Asociación de Empresarios organiza este xoves no Multiúso da Xunqueira ás 20:45 horas unha charla ao respecto a cargo da avogada Belén Rodríguez.

O obxectivo da Unión Europea con esta normativa é homoxeneizar a lei que existe nos diferentes países que a conforman respecto do tratamento de datos de cara a cubrir, protexer e garantir a privacidade dos datos persoais de todos os cidadáns da UE na súa actividade online e a forma na que as organización procesan, almacenan e destrúen estes datos. Para debullar unha normativa que ten moito de farragoso os asistentes a esta charla contarán coas explicacións da avogada Belén Rodríguez que, a través de casos prácticos e de exemplos tentará trasladar aos asistentes, emprendedores, comerciantes e empresarios, fórmulas axeitadas para garantir que dende os seus negocios se cumpran os requisitos establecidos pola nova lei. O consentimento expreso, a transparencia, o uso das novas tecnoloxías e o xeito de garantir a privacidade de todos os datos de carácter persoal que se manexan nunha empresa serán os temas que se abordarán nesta charla.  

Belén Rodríguez avogada
Una lei que pretende unificar a normativa en toda Europa
Unha charla práctica
O obxectivo é poñer sobre a mesa as dúbidas e resolvelas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará