Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela perde dous festivais de música en menos dun mes: o Ventofolk e o Arrastro Rock

RR_Noticias

A menos dunha semana da súa celebración a organización xuvenil Ventorock decide suspender o festival folk que estaba previsto se desenvolvese este sábado no Viso. Explican os organizadores que a decisión de suspender a convocatoria, malia ter pechado xa o cartel, responde a “motivos técnicos”. Un festival que celebraba este sábado día 26 a súa V edición e que contaba coa actuación dos grupos Tanto nos Ten e Virandeira.

O ventofolk anunciaba hai tan só un par de semanas a decisión de cambiar a súa ubicación habitual debido a que as obras que se estaban a realizar no recinto de Ventosela impedía que se empregara ese espazo. Trasladaban así a V edición do festival ao parque do Loureiro no Viso e adiantaban, a través das redes sociais, un programa festivo que arrancaba xa en horario de mañá con actividades para todos os públicos en sesión vermú, música durante toda a tarde e peche cos concertos dos grupos Tanto Nos ten e Virandeira. Con todo, nas últimas horas comunicaron que finalmente deciden cancelar o festival argumentando “problemas técnicos” e insisten en que tentarán celebrar o encontro noutra data.
Unha cancelación que chega logo de que recentemente se suspendera tamén outra cita festiva e musical como é o Arrastro Rock. Neste caso os organizadores explicaron que decidían suspender o evento ante a imposibilidade de cumprir os requisitos solicitados dende o Concello para outorgarlles o correspondente permiso municipal.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará