Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós presenta o libro biográfico da política e avogada Doris Benegas

RR_Noticias

Presentación do libro “Doris Benegas. Una luchadora del Pueblo” na Casa da Cultura hoxe xoves ás 20:30 horas enmarcada dentro do ciclo As Conversas de Alén Nós. Un acto que contará coa presenza do nacionalista Guillerme Vázquez e Luís Ocampo.

Unha charla na que se presentará a figura de Doris Benegas (1951-2016), avogada, feminista, sindicalista e militantes de CCOO así como dirixente do Movemento Comunista. Un activismo que a levou a ser detida varias veces durante o franquismo.
Foi promotora tamén de accións reivindicativas como o recurso no 1975 ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo coa finalidade de obter a nulidade da sentenza á morte de Humberto Baena Alonso, un dos cinco últimos executados na ditadura franquista.
Máis recentemente, no 2012 foi imputada pola Audiencia Nacional por organizar a manifestación “Rodea el Congreso” e no 2014 querelouse contra Cristina Cifuentes por prohibir a exhibición de simboloxía republicana durante a proclamación como rei de Felipe VI. Unha intensa vida que acabaría prematuramente e que é recollida nesta publicación que será presentada esta mesma tarde na Casa da Cultura.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará