Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Intercambio de libros na Alameda para celebrar o Día das letras galegas en Redondela

RR_Noticias

O BNG organiza este venres unha xornada de intercambio de libros en galego que busca conmemorar doutro xeito o Día das Letras Galegas. A actividade desenvolverase este venres día 11 entre as 18:00 e as 21:00 horas na Alameda de Redondela e busca tamén involucrar os máis pequenos polo que se poderán intercambiar libros de literatura infantil, xuvenil ou adultos.

Dende a organización nacionalista convidan a veciñanza de todas as idades a participar deste evento, traendo un libro e levando outro. En palabras do seu Responsábel Local, Anxo Lusquiños “pretendemos que sexa unha xornada de festa e de reivindicación da nosa lingua, fronte as políticas de acoso e derribo cara o galego, postas en marcha  pola  Xunta de Galiza e polo goberno do PP”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará