Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Relatos de abusos sufridos por mulleres de Redondela na concentración contra “a cultura da violación”

RR_Noticias

A Asemblea feminista Paxaretas volvía saír á rúa para denunciar os abusos sexuais e as agresións que as mulleres sufrimos no noso día a día. Seguindo unha iniciativa que naceu a raíz da sentencia contra La Manada e que levou a milleiros de mulleres a compartir as súas historias de agresións e abusos sexuais, as integrantes de Paxaretas puxeron voz tamén a esas historias vividas por veciñas de Redondela.

A contestación social continúa en torno á sentencia contra La Manada, os cinco homes que foron condenados por abuso sexual e non por violación malia a agresión que cometeron sobre unha moza nas festas de San Fermín. Mulleres e homes volvían saír a rúa en diferentes puntos do país e tamén en Redondela convocados pola asociación Paxaretas tiñan lugar unha concentración na praza da Constitución o pasado venres. Unha protesta que volvía poñer o acento nos “abusos e agresións que sufrimos as mulleres no noso día a día”. E seguindo esa onda iniciada nas redes sociais nas que mulleres de todo o mundo están contando as súas historias de agresión e abusos baixo a etiqueta #Cuéntalo, neste caso eran as integrantes da asociación s que poñían voz a diferentes sucesos sufridos por mulleres do nosos concello: nenas de 12 a 15 anos que ás portas do Conservatorio Victor ureña reciben xestos obscenos dun condutor que se detén no semáforo, palabras groseiras na rúa, roces no autobús que buscan contacto sexual ou insinuacións groseiras disfrazadas de broma por parte dos compañeiros de traballo.  

Relatos de agresión
Paxaretas da voz ás mulleres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará