Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

105 participantes bateranse na Batalla de Rande

RR_Noticias

A Batalla de Rande contará na próxima edición con máis de cen nadadores. A proba disputarase o próximo 16 de xuño e entre as illas Cíes e San Simón e contará co habitual percorrido de 27 quilómetros. Os organizadores, que contan co apoio do Concello de Redondela desde que se iniciou esta travesía, explican que chega a súa sétima edición como unha das probas máis importantes de España de natación en augas abertas.

O elevado número de inscrición obrigou facer algún descarte ata quedar cos 105 participantes definitivos entre os que se atopan varios nadadores de prestixio de toda España e tamén do estranxeiro. Dende a organización Aitor de Luís afirma que se trata dunha proba na que o prioritario é a atención ao deportista, que senta cómodo e seguro ante unha travesía moi esixente polo longo percorrido e polas frías augas nas que se disputa, entre as Illas Cíes e San Simón. Características que non impediron que se consolidara como unha referencia nesta modalidade de natación.
A Batalla de Rande xa pasou por varias etapas ao longo da súa historia. Nas últimas edicións experimentou un gran crecemento e prestixio. Entre os principais alicientes para os participantes atópase a contorna na que se disputa e tamén os emblemáticos lugares nos que se dá a saída e realízase a chegada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará