Hoxe é Luns 19 de Outubro de 2020

Pasado e presente interactúan no “novo” Castelo de Soutomaior

RR_Noticias

María Vinyals, Pedro Madruga e Cristobal Colón son os principais personaxes cos que se van atopar os visitantes do Castelo, que poderán acceder a esta fortaleza a partir do vindeiro día 11, data prevista para a súa inauguración. Unha musealización que correu a cargo da Deputación de Pontevedra e que busca  dar a”coñecer o noso territorio e a nosa historia, porque nas pedras deste castelo está escrita a historia de Galicia”. A actuación inclúe paneis ilustrativos e informativos, e unha aposta polas “tecnoloxías máis avanzadas, con caixas máxicas, vídeos e un mapping sorprendente”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e á deputada da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Eva Vilaverde, visitaron a nova musealización do Castelo de Soutomaior que será inaugurada o 11 de maio “nun evento no que haberá sorpresas moi relevantes”, en palabras de Silva
A presidenta da Deputación, que percorreu as distintas salas e espazos do Castelo dotadas de novos elementos interactivos, informou que este mesmo mes de maio sairán xa á venda as entradas para o castelo a un prezo de 5 euros e que haberá entradas gratuítas ou con importantes descontos para persoas maiores, desempregadas, estudantes ou persoas con diversidade funcional, quen abonarán 2,5 euros.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *