Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O prezo do choco dispárase cun incremento dun 25% respecto do ano pasado

RR_Noticias

O distintivo de calidade que avala o produto da enseada e a ausencia de produto procedente de fóra son as dúas causas que estarían detrás deste incremento nos prezos, explica o patrón maior Clemente Bastos. As capturas mantéñense cunhas 16 toneladas cando estamos xa mediando a campaña. Bastos garante un “choco de calidade” para a Festa que se celebra do 11 ao 13 de maio.

“Unha campaña moi boa a nivel de prezos e a nivel de capturas”. Así resume Clemente Bastos o que está a ser a campaña actual cando estamos mediando xa a tempada. Non hai cambios en canto aos kilos capturados, en torno as 16 toneladas. Si hai novidades nos prezos  que pasaron de 7,15 euros de media do ano pasado, a máis de 9 euros nesta campaña “un incremento de dous euros que habería que responde a marca de calidade do produto e tamén a que non houbo moito choco de fóra”. Un produto “excepcional” que se poderá degustar na Festa do Choco que se celebra entre o 11 e o 13 de maio. Explica Bastos que como todos os anos dende a Confraría certifican que todo o que se vende na carpa da festa procede da enseada. O patrón maior confía en que a produción se manteña ou incluso aumente de cara a vindeiros anos grazas a iniciativas como o “bosque” mariño creado para favorecer o desove dos chocos e que consistiu na colocación de piñeiros no fondo do mar “son actuación sostibles que buscan aumentar a produción sen danar o medio”.  

Clemente Bastos Patrón maior
Unha boa campaña
Produto excepcional
Un choco o da enseada que destaca pola súa calidade
Medidas sostibles
Un bosque mariño para favorecer o desove

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará