Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Público e crítica coinciden en premiar “Madre” como mellor curtametraxe do Redondela en Curto

RR_Noticias

O título “Madre” do director Rodrigo Sorogoyen adxudícase así os 2.500 euros dos premios de público e xurado nun festival que xuntou máis de 3.500 espectadores ao longo da semana, contando os pases escolares e os abertos a público en xeral que se desenvolveron dende o pasado xoves ata a sesión de clausura celebrada este domingo.

O público outorgou co seu voto o premio máis importante dos concedidos no XIV festival nacional de curtometraxes Redondela en Curto a película “Madre” de Rodrigo Sorogoyen con Marta Nieto, Blanca Apilánez e Álvaro Balas como protagonistas. O xurado coincidiu tamén á hora de premiar esta curta que conta a historia dunha conversación cotiá convertida nunha tráxica situación contrarreloxo cando unha nai recibe a chamada do seu fillo. Un thriller de 18 minutos cuxo autor xa avanzou que converterá nunha longametraxe. Pero non foi este o único premio do festival que tamén destacou outros títulos como “Quixotes” do IES María Soliña de Cangas seleccionados polos alumnos que asistiron aos pases escolares.  O sexto premio Andaina dotado con 500 euros foi para “Bellanca”, dirixido por Víctor Notes. Dentro da sección curtísimas, onde se inclúen as películas que non chegan aos catro minutos de duración, o premio fai para Raúl Navarro pola curta “El mejor momento” e, finalmente “Bágoas negras” fíxose co premio na sección “Cine galego”. Uns premios que se daban a coñecer na cuarta e última xornada de proxección celebrada na xornada de onte no Multiúsos e que incluíu un coloquio co actor e director David Oeo quen presentou tamén neste festiva o seu traballo “Jaula”. A actriz Cristina Maró e a concelleira de Cultura, Teresa París, foron as encargadas de anunciar os premios e agradecer a colaboración e traballo de todos os que están detrás dun festival que celebrou este ano a súa XIV edición.  

Cristina Maró e Teresa París
Presentadora e concelleira fan públicos os premios
Madre
Trailer da curta
Agradecementos
A público colaboradores e concello encargado de sustentar económicamente o festival

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará