Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cine en sesión continua co “Redondela en Curto”

RR_Noticias

A inauguración oficial celebrábase na xornada de onte cunha gala no Multiúsos na que a música corría a cargo do grupo Pilmart e a voz púñana tres coñecidos actores Mabel Rivera, Andrés Giráldez e Monti Castiñeiras.  Ata o vindeiro domingo pola noite, cando se dean a coñecer as curtas premiadas, o público terá a oportunidade de acceder aos diferentes pases nos que se amosarán ás 16 curtas a concurso. Completan o programa as sección cine galego, curtísimas e andaina. Unha das sesión máis atractivas será a do sábado ás 20:30 hroas na que se inclúe un miniconcerto de Guadi Galego.

O Servizo de Normalización Lingüística colabora este ano co redondela en curto organizando un coloquio titulado “A inexistencia de fronteiras para a lingua galega” no pase das 20:30 horas do sábado. Participarán Andrés Gago (coprodutor da curta “Matria”, premiada no Festival de Sundance, en Estados Unidos) e Guadi Galego (cantante) que reflexionarán sobre os tópicos que existen arredor dos límites do idioma galego. Eles son dous casos de éxito internacional dende traballos feitos na lingua de Galicia.
Pero será xa a partir das 17:30 horas de hoxe e ata o domingo cando os catro bloques que inclúen as curtas a concurso se poderán ver en diferentes pases, co obxectivo de que todos os que o desexen poidan visionar e votar polas súas películas preferidas.
Ademais, a sección Cinema Galego recolle curtametraxes que, aínda que non foron escollidos para optar ao concurso, exhíbense co obxectivo de promover o audiovisual de Galicia. “Bágoas de ouro”, “Bágoas negras”, “O último adeus” e “Escarabana” son os títulos escollidos. A sección Curtísimas, pola súa banda, exhibe cinco películas seleccionadas pero que non chegan á duración mínima para optar ao premio.
Mañá proxéctanse ademais o catro cintas que optan ao premio da sección Andaina, reservada a filmes que abordan a temática da diversidade funcional.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará