Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma Pass Área advirte que Vigo debe sumarse ao transporte metropolitano

RR_Noticias

O colectivo amósase “satisfeito” co auto do xulgado que obriga ao Concello de Vigo a tramitar o cartón PassVigo tamén aos cidadáns que non estean empadroados na cidade, pero advirten que non é unha solución “definitiva”. Explican que a “a loita continúa”, porque o seu obxectivo é que se poña en marcha a área Metropolitana de Vigo con todos os servizos, incluido o transporte.

A plataforma, da que forman parte veciños de Redondela, o Morrazo e Mos, sinalou esta mañán en Chapela que o auto xudicial evita a discriminación entre os usuarios do Vitrasa, pero “non resolve o problema de fondo”, como explica Francisco Puch, xa que unha resolución xudicial posterior podería dar a razón ao Concello de Vigo, e volver a limitar o cartón con descontos nas viaxes só para os empadroados na cidade. Por iso demandan ao presidente da Xunta de Galicia que convoquer a todos os alcaldes da área metropolitana para retomar o proxecto supramunicipa. A plataforma está satisfeita coa decisión do maxistrado, que é resultado da loita dos veciños contra unha medida “inxusta” do Concello de Vigo. César Domínguez expresou tamén o seu agradecemento ás corporacións locais que apoiaron as súas demandas, que foron máis efectivas “que as manifestacións e as protestas”, facendo alusión a outros colectivos como a Asociación de Veciños, aos que evitou nomear. Rita Iglesias Couñago, da asociación veciñal de Vilar, lamenta que unha “lea política” entre o alcalde de Vigo e a Xunta impida a posta en marcha do transporte metropolitano en toda a área. Lémbralle a Abel Caballero que “a cidade precisa da súa área de influencia para medrar, igual que os veciños dos municipios veciños precisan de Vigo”. O representante dos veciños de Moaña, David González, lembrou que miles de residentes da comarca están obrigados a acudir a Vigo a traballar, a mercar ou para unha consulta médica, polo que é necesario poñer en marcha a área Metropolitana de Vigo con todos os servizos, incluido o transporte. Xuntanza con Javier Bas Hoxe venres, ás 20.00 horas, o alcalde redondelán convoca aos veciños na Alameda de Chapela para dar conta da situación actual do transporte público tras o auto de medidas cautelares dictado esta semana.

Francisco Puch
O voceiro da plataforma amósase satisfeito co auto do xuíz pero advirte que non é unha solución definitiva.
César Domínguez
Domínguez entende que o auto do xuíz é froito das xuntanzas que mantiveron cos Concellos e a Xunta.
Rita Iglesias Vilar de Infesta
A representante dos veciños de Vilar demanda dos políticos un acordo para poñer en marcha a área metropolitana.
David González Moaña.
O voceiro da plataforma en Moaña advirte que seguirán pelexando para que Vigo se sume ao transporte metropolitano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará